Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Amalia Fontao, a costureira de Siador, cumpre 101 anos

SILLEDA O alcalde de Silleda, Manuel Cuíña e a concelleira de Benestar Social, Dolores García, visitaron a María Josefa Amalia (Amalia) Fontao Colmeiro, para felicitala no día polos 101 anos que celebra hoxe xunta a súa familia. Amalia reside no lugar de O Coto, na parroquia de Castro, con unha das súas fillas, Teresa o marido desta e os netos. É natural da parroquia de Siador e resideu moitos anos en Negreiros, onde casou. Logo de quedar viuva, hai 22 anos foise a vivir coa filla a O Castro.

Ademais de traballar no agro, tamén foi costureira, profesión pola que ao longo da súa vida coñeceu a moita xente de Silleda. Goza de boa saúde e mesmo le o xornal todos os días, ás veces hasta sen lentes. Ten dúas fillas (unha vive na Arxentina) e un fillo, 4 netos e dous bisnetos.

25 oct 2013 / 19:54
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito