Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ames apostou por galardoar á cultura polo Día das Letras

O Milladoiro foi marco dunha festa da lingua e do fallo dos certames Intercentros e Literario

A casa da cultura do Milladoiro foi o epicentro da celebración do Día das Letras Galegas en Ames, nun conxunto de actos que incluíron concerto da Escola Municipal de Música, intervencións da edila de Normalización Lingüística e do rexedor destacando o traballo do Concello en prol da lingua e a cultura galega, a entrega de premios literarios, así como a lectura de poemas de Manuel María e actuación do coro Son Elas.
Así, e despois das intervencións, chegaba a entrega de premios do VIII Certame Artístico-Literario Intercentros, dirixido ao alumnado amesán, e do XIII Certame Literario de Narrativa e Poesía, a cargo de distintos concelleiros e do presidente de Feiraco, José Montes. Respecto ao XIII Certame Literario, concorreron 152 traballos de toda Galicia e con protagonistas amesáns: así, Xosé Anxo Corral fíxose co primeiro premio no apartado de 18 anos en diante polo texto Zona de sombras; Sofía Álvarez acadou o segundo posto na primeira categoría de narrativa (ata os 13 anos) con Memorias da señora Cupcake, mentras Marcos Maira obtivo tamén o segundo posta na segunda categoría de narrativa (dos 14 aos 17 anos) con A xustiza pola man e Heriberto José Villar Patiño levou o primeiro premio de poesía (en adultos de máis de 18 anos) coa obra A pel arrincada dos soños.

Articulo completo en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

14 may 2016 / 19:22
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito