Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ames promociona a literatura a través dun certame e na rede co Día do Libro

Hai de prazo ata o 14 de maio para participar e poderase concursar con poesía ou narrativa

    Non hai mellor momento para desfrutar dunha boa lectura e tamén para animarse a descubrir a creatividade propia e atreverse a relatar historias. Eso é o que deberon crer dende o Concello de Ames, que veñen de ampliar ata o 14 de maio o prazo para presentarse ao XVII Certame Literario. O obxectivo desta iniciativa é “promover a creatividade na nosa lingua e está dirixido a calquera persoa que presente textos inéditos escritos en galego”, explican fontes municipais.

    O concurso ten dúas modalidades; narrativa e poesía, e cada unha está dividida en tres categorías. Os nenos que teñan ata 13 anos poderán participar na primeira; a segunda está dirixida a rapaces de 14 a 17 anos; e a terceira categoría ás persoas de 18 anos ou máis. Repatiranse 3.800 euros en premios.

    Tampouco dende o Concello queren deixar pasar o Día do Libro e por iso o celebrarán da única forma posible: de maneira virtual. Entre os días 20 e 24 no Facebook da biblioteca municipal iranse publicando encrucillados ou contacontos para todas as idades.

    17 abr 2020 / 22:49
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito