Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ana Kiro terá un busto de bronce na 43 edición da Festa do Queixo de Arzúa

Participarán un total de setenta queixerías cos seus produtos // Haberá varias obradoiros de balde para os máis pequenos

Os arzuáns xa están listos para deixar atrás o cansazo do Entroido e darlle a benvida a unha nova festa, e non a unha calquera, senón a máis soada do municipio: a Festa do Queixo de Arzúa, que celebra xa a súa edición número 43. Onte tiña lugar a presentación oficial no centro de formación profesional Efa Piñeiral á que acudían o alcalde de Arzúa, José Luis García; o concelleiro de cultura Miguel Vallo, a directora de Efa Piñeiral, Pilar Díaz-Caso; o presidente do CRDOP Arzúa-Ulloa, Xosé Luís Carera; produtor do Festival do Queixo, Alberto Alfonso e o responsable do Queixo Maquetón, José Ramón Bernárdez.

O alcalde explicou que a inauguración e o pregón da Festa do Queixo de Arzúa terá lugar o sábado 3 de marzo ás 12 horas na carpa do campo da feira de Arzúa, e correrá a cargo de Antón Axeitos, máis coñecido como Tonhito de Poi. "O pregón estará moi relacionado coa homenaxe que lle quixemos facer a Ana Kiro: reproducimos a súa sinatura no prato Sargadelos e inauguraremos o busto de bronce realizado polo escultor Camilo Seira.". Pola súa parte, a directora de Efa Piñeiral presentou os distintos obradoiros que o centro porá en marcha tanto a fin de semana da festa (5 e 6 de marzo) como en días previos. Entre elas destaca o primeiro concurso Pan&queixo e tamén a Masterclass Piñeiral de cociña creativa.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

15 feb 2018 / 20:43
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito