Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
CONSELLERÍA DE FACENDA

Ana María Cores González

DIRECTORA XERAL DE PROXECTOS E FONDOS EUROPEOS

    Ana María Cores González (1971) é licenciada en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela. Pertence desde 2001 á Escala Técnica de Finanzas da Xunta de Galicia, na especialidade técnica de Contabilidade e Intervención, e técnica de Inspección e Xestión Financeira e Tributaria.

    Desenvolveu toda a súa carreira profesional na actual Subdirección Xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións, dependente da Intervención Xeral, auditando o Feder, o IFOP e o FEP nos períodos de programación 2000-2006 e 2007-2013.

    Ata o momento ocupaba a xefatura do servizo responsable de auditar o Feder. Nese posto participou no deseño e desenvolvemento da metodoloxía auditora de fondos europeos empregada pola Intervención Xeral durante o período de programación 2007- 2013.

    19 ene 2013 / 09:58
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito