Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Antón Reixa presenta no Casino o seu poemario 'Algo raro pasa raro'

    Santiago. O cantante Antón Reixa presentará hoxe martes en Santiago de Compostela o seu último traballo editorial, o poemario Algo raro pasa raro, nun acto que terá lugar no Café Casino ás 19 horas. Con prólogo do escritor Agustín F. Mallo e editada por La Oficina, este novo poemario de Reixa contén, como valor engadido, ilustracións do pintor Juan Ugalde e conta cunha edición dixital interactiva con música, voz e vídeo.

    Algo raro pasa raro, nas librarías dende o pasado 20 de novembro, publícase en edición bilingüe galego/castelán. Antón Reixa, músico e cantante, produtor e director audiovisual, conta cun extenso catálogo de poesía editada en volumes como Látego de Algas, Escarnio, Silabario da Turbina, As ladillas do travesti, Viva Galicia Beibe, Ringo Rango, Fóra ás vosas suxas mans de Manoel Antonio e A dama que fala.

    23 nov 2015 / 21:20
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito