Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Arranca en Rianxo 'Na vila do mañá hai mulleres'

RIANXO O proxecto didáctico de carácter urbanístico 'A vila do mañá', creado e dirixido pola arquitecta Sandra González no ano 2016, celebrará a vindeira semana unha nova edición baixo o título 'Na vila do mañá hai mulleres'. Entre os días 11 e 14 desenvolveranse varios talleres con nenos e coa veciñanza da vila ao lado da capela de Rianxo, onde "construirán un espazo residual neste lugar no que se ubicaba unha farmacia", explicou Sandra. A idea é que aporten a súa visión sobre os espazos nos que viven. O día 12 haberá dous debates que estarán moderados polo arquitecto e Director da Escola Técnica Superario de Arquitectura da Coruña, Fernando Agrasar, e que versarán sobre servizo público e docencia e investigación. Intervirán dez mulleres arquitectas.

04 jul 2019 / 22:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito