Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

'Arrincando marcos 2019' achega Galicia a Portugal a través da obra poética

    Santiago. A nova antoloxía de poesía galega Arrincando marcos 2019 sae do prelo co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no marco da iniciativa do mesmo nome que busca dar a coñecer este xénero literario da comunidade actual en Portugal como medio de superar as barreiras que nos separan deste país.

    Na presentación, Valentín García quixo "reiterar" a disposición do departamento que dirixe "a divulgar dentro e fóra dos límites de Galicia a literatura de altísima calidade que se está facendo agora mesmo en galego e mais a fomentar iniciativas culturais que contribúan a achegar dous pobos irmáns pola lingua que, en moitos momentos, semellaron vivir de costas un ao outro".

    No acto tamén participou o editor Paco Macías, de Positivas.

    Eduardo Estévez, Paula Carballeira, Quico, Raúl Gómez Pato, Roi Vidal, Rosalía Fernández Rial, Suso Díaz e Xabier Xil Xardón son os oito poetas representados na antoloxía, que se publica co nome dunha iniciativa xurdida para arrincar algúns dos marcos que marcan os límites entre ambos estados, impedindo que a poesía, a cultura e a vida flúan en liberdade e por riba das fronteiras políticas.

    Os oito estarán hoxe na Livraria Poetria do Porto para leren os seus textos e dalos a coñecer máis alá da Raia no que o editor definiu como "desembarco".

    29 mar 2019 / 22:21
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito