Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

As clases de educación de adultos para a obtención do título da eso dan comezo o vindeiro luns

O prazo de inscrición permanecerá aberto durante todo o curso // Poden asistir de xeito gratuíto persoas maiores de 18 anos ou que cumpran esta idade antes do 1 de setembro de 2020

    O curso 2019/2020 de educación para adultos para a obtención do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) dará comezo nas vindeiras semanas nas dúas modalidades habituais: proba libre ou preparación de módulos, que se examinan por separado e con diferentes contidos.

    O inicio das clases na modalidade de módulos está fixado para o vindeiro luns, 7 de outubro, mentras que o alumnado de proba libre comezará as sesións unha semana máis tarde, o día 14.

    As clases impártense no Auditorio Municipal, son gratuítas e diríxense a persoas maiores de 18 anos ou que cumpran esta idade antes do 1 de setembro de 2020.

    Con carácter excepcional tamén poden asistir persoas que se atopen nalgún dos seguintes supostos:

    • Ser maior de 16 anos e ter un contrato de traballo
    • Ser deportista de alto rendemento
    • Ter cursado ensinanzas de persoas adultas en anos anteriores
    O prazo de inscrición permanecerá aberto durante todo o curso.

    03 oct 2019 / 00:31
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito