Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

As novas tecnoloxías toman con forza os espazos do Culturgal

A Feira das Industrias Culturais acolle varios proxectos novidosos no ámbito das TIC

    Se hai un espazo no que se vai dirimir non xa o presente senón o futuro mesmo das industrias culturais ese é o das novas tecnoloxías e Internet. Por iso as experiencias TIC van ter un especial relevo no Culturgal 2012, a principal cita galega co sector. Aí este ano na Feira das Industrias Culturais, que se celebra en Pontevedra na primeira fin de semana de decembro. presentaranse dez proxectos de novas tecnoloxías na zona do Garaxe, que buscan que os asistentes comproben in situ a utilidade das aplicacións e o seu funcionamento práctico.

    Entre estas propostas atópanse aplicacións lingüísticas para móbiles como GalApps e unha nova guía social de tabernas , Imos. Tamén haberá aplicacións para poder levar no iPad os cómics favoritos (Galaxia Cómic) e plataformas para a xestión de públicos culturais (Culcities). Orama presentará unha canle de móbil gratuíta para a promoción de actividades socioculturais e Galaxia Tales unha plataforma de contos en rede. 

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    12 nov 2012 / 19:29
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito