Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A ASOCIACIÓN “ALBOR” CLAUSURA O CURSO DE TAICHÍ NO QUE PARTICIPARON VINTE E CINCO MULLERES

Tivo unha duración total de 35 horas, das que cinco corresponderon a un módulo de igualdade // A actividade formou parte do programa provincial “Conectadas 2019” e o Concello colaborou cedendo as instalacións

    A entrega dos diplomas ás participantes clasurou esta semana o curso de taichí promovido pola asociación de Mulleres Rurais “Albor” e que se impartiu durante os últimos meses no Auditorio Municipal. A duración total foi de 35 horas, das que 5 corresponderon a un módulo de igualdade.

    Vinte e cinco mulleres participaron na actividade, dentro do programa provincial “Conectadas 2019” e impartida polo monitor José Manuel Longo. Baixo a súa coordinación, as inscritas practicaron nas sesións semanais esta arte marcial con aplicacións terapéuticas que axuda á consecución dun maior equilibrio físico e psíquico.

    A clausura do curso contou coa presenza da concelleira de Servizos Sociais, Begoña Piñeiro, e do deputado provincial Manuel González, así como da presidenta de “Albor”, Rosa Crespo, que entregaron os diplomas. O Concello de Valga colaborou na actividade cedendo as instalacións municipais.

    O colectivo “Albor” leva trece anos consecutivos organizando este curso de taichí.

    12 feb 2020 / 00:17
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito