Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Atopan no castro de Doade unha vivenda, un almacén e varios milleiros de restos

O conxunto poderá visitarse libremente a partir de mañá, día 9 // Formaba parte do poboado existente hai máis de 20 séculos

A terceira campaña arqueolóxica realizada no castro de Doade vén de rematar logo dun mes de obras de escavación, consolidación e restauración das estruturas habitacionais localizadas neste espazo de Lalín, convertido hoxe nun dos grandes referentes turísticos. Na xornada de onte foron presentados os resultados provisionais da man da directora da escavación, Vanesa Trevín Pita; de David Fernández Abella, xerente de Argos S.L. (a concesionaria das citadas obras), e por Manuel Blanco Villar, xerente do Museo Etnográfico Casa do Patrón de Lalín, a entidade promotora.


A campaña consistiu na localización de dúas estruturas habitacionais: unha vivenda redonda, executada cunha construción mixta de chantos en muro de manpostería, que posteriormente foi anulada por outra de maior tamaño de 6 metros de diámetro, atopada na campaña anterior pasando a realizar a función de construción adxetiva auxiliar da mesma, coa colocación de postes de madeira para soster o tellado. Atoparon outra construción, “posiblemente usada como almacén, laxada de pedra, co tellado apoiado en polo menos nove postes de madeira e bases de paredes de chantos de pedra”.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

07 jun 2017 / 20:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito