Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 25 mayo 2020
18:18
h

O AUDITORIO RECIBE DURANTE O MES DE XANEIRO A MOSTRA “DESCUBRINDO O RURAL”, DO GDR SALNÉS ULLA-UMIA

Reúne case duascentas imaxes que concorreron ao segundo Premio de Fotografía convocado polo Grupo de Desenvolvemento Rural // As instantáneas recollen diferentes elementos, paisaxes e recursos do territorio que forma parte do GDR

O Auditorio Municipal acolle durante o mes de xaneiro a mostra itinerante “Descubrindo o rural”, unha iniciativa do Grupo de Desenvolvemento Rural Salnés Ulla-Umia.

A exposición reúne case duascentas fotografías de 64 autores diferentes –fotógrafos afeccionados e profesionais– que ofrecen a súa singular visión do medio rural vencellado ao desenvolvemento sustentable. As imaxes, que recollen diferentes elementos, paisaxes e recursos do territorio do GDR, foron presentadas á segunda edición do concurso de fotografía “Descubrindo o rural”, convocado polo GDR co obxectivo de poñer en valor os recursos naturais, culturais, históricos e artísticos dos dezaseis concellos da súa zona de influencia: Valga, Pontecesures, Catoira, Caldas de Reis, Portas, Cuntis, Moraña, Vilagarcía de Arousa, Vilanova, Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia e Sanxenxo.

Entre as fotografías expostas atópanse as premiadas no certame: “Desconexión”, captada nas inmediacións das Torres de Oeste en Catoira por José Ramón Miguéns Calvo e gañadora do primeiro premio; “A verea dourada”, de Sonia Pita Formoso, tomada en Meis e que obtivo o segundo posto; e en terceiro lugar “Atardecer en Ribadumia” de Isaac Ventoso Leiro.

02 ene 2020 / 19:54
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito