Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Aula CeMIT abre o prazo de inscripción nun curso gratuñito de iniciación á informática

Hai 12 prazas dispoñibles e as inscricións poden realizarse no Concello ou no Auditorio // Nas vindeiras semanas desenvolveranse tamén actividades sobre técnicas de relaxación e telefonía móbil

    A Aula CeMIT, emprazada no Auditorio Municipal, imparte a partir do día 18 de xuño un curso de iniciación á informática aberto á participación de persoas de todas as idades.

    Trátase dunha actividade gratuíta dirixida para a que hai dispoñibles doce prazas. Terá unha duración dun mes con sesións os martes e os xoves de 10 a 11:30 horas.

    As persoas interesadas poden inscribirse nas oficinas do Concello (986 55 94 56) ou no Auditorio (986 55 67 69).

    Ademais, a Aula CeMIT ofrece outras actividades durante as vindeiras semanas. O vindeiro venres, 14 de xuño, terá lugar o seminario web “Consellos para sentirse mellor a través de técnicas de relaxación”, de 10:30 a 12 horas.

    E o luns día 17 desenvolverase a actividade “Telefonía móbil e internet”, na que se tratarán os principais conceptos a ter en conta na contratación e relación coas compañías de telefonía móbil, como os tipos de tarifas ou a permanencia, e se explicarán os diferentes servizos que estas ofertan.

    Tamén se abordarán os dereitos que amparan aos consumidores e usuarios e analizaranse os principais motivos de reclamación en materia de telefonía móbil e internet.

    Esta actividade dará comezo ás 10:30 e terá unha duración aproximada dunha hora.

    12 jun 2019 / 00:11
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito