Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
CHAN DA PÓLVORA

O autor Genaro da Silva desenmascara o poeta romántico no libro 'Flor negra'

    Flor negra, de Genaro da Silva, é o título do novo lanzamento de Chan da Pólvora Editora, un libro sobre o desexo e os medos antes do desexo que desenmascara ao poeta romántico cunha das máis arriscadas propostas da poesía galega recente. Flor negra, que vén ser ­unha caste de proba de madurez para Da Silva, presentouse onte na homónima libraría da editorial,en Compostela, nun acto no que participou o propio autor xunto ao director do selo, Antón Lopo.

    Da Silva enfrontouse ao seu libro coa noción de que a poesía é "unha forma de coñecemento" que a el lle permite achegarse "mediante a linguaxe a aquilo que a linguaxe non consigue dicir". Para Da Silva, "a poesía debe abrir xanelas, ser liminar perante o descoñecido; o poeta debe correr riscos".

    19 jul 2018 / 22:48
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito