Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘BailadELAS’ ou un tributo ás mulleres na obra de Vidal Bolaño

A compañía fundada polo dramaturgo estrea en maio un novo “menú degustación teatral”

A primeira compañía teatral galega, fundada por Roberto Vidal Bolaño, Teatro Antroido, iniciará no mes de maio unha xira por distintas localidades galegas coa obra BailadELAS, un "menú degustación" teatral conformado por distintas pezas do dramaturgo ao que este ano se dedica o Día das Letras Galegas.

Segundo explicou Roi Vidal, fillo do dramaturgo e autor dos textos adaptados das cinco obras de Vidal Bolaño que participan na peza, explicou que a intención é "homenaxear" ao dramaturgo a través dunha obra na que se reúnen as características das "mulleres bolañesas", os personaxes femininos que poboan a súa obra.

Roi Vidal aproveitou ademais para reivindicar a necesidade de facer "teatro crítico, comprometido e político," que mostre "os problemas que atenazan" á sociedade, algo recorrido polo propio Bolaño. "Vinte anos despois de que Vidal Bolaño fundase Teatro Antroido, vivimos unha época semellante, difícil para o teatro e para todos os traballadores do país", apostilou Roi Vidal.

A actriz Laura Ponte –que foi a primeira muller de Vidal Bolaño– será o encargado de interpretar os seis personaxes femininos que integran BailadELAS.

O director da obra, Xavier Estévez, definiu a montaxe como un "menú degustación" da obra de Vidal Bolaño, co que os espectadores poderán coñecer "pequenos bocados" da súa obra e vida, que "conta hoxe en día cunha actualidade sobrecogedora".

Coproducida polo Centro Dramático Galego, a Agadic e a Xunta, BailadELAS estrearase o próximo 4 de maio no Auditorio de Rianxo e pasará despois por Narón, Ponteareas, Ourense, Santiago, Vilagarcía, Ames, Brión, Betanzos, Lalín e Redondela.

O director do CDG, Manuel Guede, enmarcou o seu apoio á montaxe de Teatro Antroido no proxecto deseñado este ano para "instalarse nunha arquitectura de percorrido polos diversos tránsitos de Vidal Bolaño".

Pola súa parte, Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultural da Xunta de Galicia, amosou a súa alegría porque Teatro Antroido "resucite".

19 abr 2013 / 20:39
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito