Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 03 junio 2020
12:17
h

A BANDA XUVENIL DE CANDEÁN E A AGRUPACIÓN DE CÁMARA DE VALGA ACTUARON ESTA FIN DE SEMANA NO AUDITORIO

O concerto, organizado pola Escola de Música Municipal, formou parte do diclo “Música coas nosas bandas” // A formación valguesa actuou acompañada polos cantantes José Ramón Morales e María del Mar González

    A Banda Escola Xuvenil de Candeán (Vigo) e a Agrupación de Cámara da Escola de Música Municipal de Valga actuaron o sábado no Auditorio Municipal, un concerto que formou parte do ciclo “Música coas nosas bandas”.

    A formación viguesa, dirixida por Juan Manuel Corzón Vieites, foi a encargada de abrir as actuacións interpretando o pasodoble “El abanico”, “Cambridge”, “The man from Snowy River”, “Mood romantic”, “All glory – Told” e un tema da banda sonora da película “Piratas del Caribe”.

    A continuación subiron ao escenario os músicos valgueses, aos que dirixiu Daniel Barros Díaz. O seu repertorio incluíu os temas “Oye como va”, “Tequila”, “Don’t stop me now”, “Happy”, “Quién será”, “A mi manera” e “Party dance”. Contaron co acompañamento dos cantantes José Ramón Morales e María del Mar González.

    12 feb 2020 / 00:15
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito