Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Barbanza terá 13 brigadas contra os incendios forestais e 7 motobombas

Destinaranse a tarefas de vixilancia e traballos de prevención durante un período de 3 meses

O delegado territorial da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro, acompañado polo alcalde de Noia, Santiago Freire, participou onte nesta localidade nunha xornada de traballo no Distrito Forestal de Barbanza, á que asistiron un nutrido grupo de axentes forestais e técnicos que cobren esta zona.

No encontro, trasladoulle as recomendacións prácticas sobre as novidades na Lei de Montes e na de Prevención de Incendios e os requirimentos que se teñen que aplicar coas mesmas. As modificacións principais teñen que ver con cuestións como as distancias do arborado, as plantacións de eucaliptos ou a xestión dos montes veciñais queimados. Así mesmo, o representante do Goberno autonómico destacou que a comarca barbanzá contará con trece brigadas municipais en dez concellos e con sete motobombas nos municipios de Boiro, Noia, Serra de Outes, Porto do Son e Ribeira.

En total, contarán con medio cento de brigadistas municipais. Estes equipos destinaranse a labores de vixilancia e defensa contra os incendios forestais e á realización de traballos de prevención de forma manual durante os tres meses que estarán operativos.

29 abr 2019 / 21:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito