Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Belén María do Campo Piñeiro

DELEGADA DA XUNTA DE GALICIA NA CORUÑA

    Belén do Campo Piñeiro naceu na Coruña o 29 de decembro de 1963. É diplomada universitaria en EXB na especialidade de Lingua Española e Idiomas Modernos. Ata o seu nomeamento como delegada territorial da Xunta na Coruña en xuño de 2011 exerceu de deputada pola Coruña en diversas etapas. No período de 1996 a 2008 exerceu de senadora electa pola Coruña.

    Antes de ser nomeada delegada territorial da Xunta en 2011, ocupou na Cámara o cargo de voceira adxunta na Comisión de Sanidade, Política Social e Consumo, ademais de ser vogal nas comisións de Traballo e Inmigración, de Igualdade e de Discapacidade.

    Foi relatora do proxecto de Lei de seguridade alimentaria e nutrición, ademais de presentar diferentes iniciativas con respecto aos españois residentes no exterior, como a posibilidade de que os españois residentes no exterior poidan dispor de tarxeta sanitaria.

    Así mesmo, interesouse polo recoñecemento e homologacións de titulacións universitarias e orientación profesional para os españois demandantes de emprego e residentes no exterior así como para os retornados.

    Con respecto aos retornados, tamén se preocupou polos convenios internacionais de Seguridade Social e polos convenios e recoñecementos dos permisos de conducir, así como doutras iniciativas sobre consellos de residentes españois no exterior.

    13 dic 2012 / 19:23
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito