Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A BIBLIOTECA DE CORDEIRO DEU COMEZO ÁS ACTIVIDADES DE NADAL

Un grupo de nenos participaron nun obradoiro no que confeccionaron os renos de Papá Noel // A próxima actividade terá lugar o venres 27 tamén no Auditorio Municipal

As bibliotecas municipais deron comezo onte ás actividades de Nadal cun obradoiro de manualidades que tivo lugar no Auditorio e no que participaron un grupo de nenos. Empregando corchos e materiais de papelería deron forma aos renos de Papá Noel.

O vindeiro venres, 27 de decembro, terá lugar unha nova actividade: un obradoiro de Reis a partir das 17 horas na biblioteca de Cordeiro. E, por último, o día 3 de xaneiro celebrarase un taller para escribir a carta aos Reis Magos.

Estas actividades son gratuítas e diríxense a nenos a partir de cinco anos de idade, se ben tamén poden asistir rapaces máis pequenos sempre que o fagan acompañados por un adulto que os axude a realizar as tarefas que se propoñen.

22 dic 2019 / 08:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito