Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A biblioteca municipal de Cordeiro acolleu un obradoiro de monicreques

Participaron nenos de todas as idades que crearon as súas propias marionetas // Empregaron materiais como pinturas, cartolinas ou punzóns

A biblioteca municipal de Cordeiro acolleu na tarde do venres un obradoiro de monicreques no que particiaron nenos de todas as idade, algúns acompañados por familiares que os axudaron coa montaxe das marionetas.

Empregando materiais como pinturas, cartolinas, punzóns ou encadernadores, os rapaces colorearon e recortaron os debuxos que máis lles gustaban. Despois uniron todas as pezas ata completar os monicreques, que levaron para as súas casas para xogar con eles.

25 mar 2019 / 12:34
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito