Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O BNG crea unha coordinadora de política local coa vista posta nas municipais

Pontón: “Os orzamentos do Estado serán un novo capítulo da serie Feijóo non pinta nada, e aí temos o contraste entre Galiza e Catalunya”

A executiva nacional do BNG aprobou por unanimidade o novo reparto de funcións dos 19 integrantes elixidos directamente pola militancia na asemblea nacional, que asumen o reto de cumprir o mandato das bases e reforzar o proxecto nacionalista para darlle unha alternativa de futuro a maioría social do país.

Mudando o esquema de áreas e secretarías polo de coordinacións, entre as novidades figuran a Coordinación xeral da Executiva nacional e a Coordinación de Iniciativa Políticas locais, tendo en conta que o primeiro reto coas urnas serán as eleccións municipais.

“O BNG demostra que cando goberna ten unha alternativa transformadora en beneficio da maioría”, salientou a portavoz nacional, Ana Pontón, quen valorou esta coordinación como unha maneira de poñer en valor “unha maneira de facer política local que funciona, un modelo nacionalista que é beneficioso para as maiorías socias, un proxector para modernizar e facer avanzar ao país”.

Créanse outras dúas novas funcións. A Coordinación da Estratexia Galiza Avanza, folla de ruta do BNG para o período 2017-2020 e un dos acordos básicos da última asemblea, coa finalidade de reforzar o proxecto político e organizativo do Bloque de cara a seguir a senda de recuperación social e electoral.

E tamén a Coordinación de Participación e Movementos sociais, co obxectivo de afondar no asemblearismo, na transparencia e na relación cos momentos sociais e ser interlocutor con esa Galiza viva, reivindicativa e inconformista.

A portavoz nacional puxo en valor a un BNG “renovado e fortalecido coas portas abertas a todas as persoas que senten Galiza e que apostan por forzas propias cos centros de decisión no país, para ser a referencia de todas as persoas que creen que o BNG é o mellor instrumento para recuperar dereitos sociais, dereitos como pobo e reforzar a nosa autoestima como nación”

O encontro entre o presidente da Xunta e a vicepresidenta do Goberno do Estado da novos argumentos a necesidade de ter un proxecto político propio que defenda os intereses dos e das galegas ante a submisión de Feijóo a Madrid, que nos leva pendente abaixo da irrelevancia política.


Ultima carta da baralla
“Galiza ten que ser moito máis que a última carta da baralla que ao que nos conduce a submisión de Feijóo. Vemos o contraste. Rajoy vai a Catalunya e anuncia un investimento millonario en ferrocarril e a Galiza manda unha mensaxeira para confirmar os retrasos no AVE ou o desmantelamento da liña do FEVE”, critica Pontón, quen avanza que o proxecto de orzamentos do Estado para 2017 “será un novo capítulo desa serie titulada Feijóo non pinta nada”.

“Veremos como Rajoy menospreza este país incumprindo os compromisos adquiridos deixando sen investir recursos que aparecen sobre o papel e non se executan, como ten pasado nos últimos anos, ou veremos como estes orzamentos prevén unha partida para rescatar as radiais madrileñas, mentres se mantén a estafa legalizada das peaxes da AP9”, denuncia. “Se como país queremos ter futuro temos que rachar coa submisión de Feijóo”, sentenciou.

ESTRUTURA EXECUTIVA NACIONAL

ESTRUTURA EXECUTIVA NACIONAL

  1. ANA PONTON MONDELO Portavoz Nacional do BNG

  2. GORETTI SANMARTIN Coordinadora da Executiva

  3. BIEITO LOBEIRA Coordinador de Organización

  4. EVA VILAVERDE Coordinadora de Acción Municipal

  5. XAVIER CAMPOS Coordinador de Comunicación

  6. OLALLA RODIL Vice-coordinadora de Comunicación

  7. OLAIA LEDO Vice-coordinadora de Comunicación

  8. NOA PRESAS Coordinadora de Acción Feminista

  9. OBDULIA DINIZ Coordinadora de Finanzas

  10. MONTSE PRADO Coordinadora de Institucional no Parlamento de Galiza

  11. CARME DA SILVA MÉNDEZ Coordinadora de Iniciativas Políticas Locais

  12. ANA MIRANDA Coordinadora da Área de Relacións Internacionais

  13. RUBÉN CELA DIAZ Coordinador da Área de Relacións Internacionais na península

  14. XOSE LUIS RIVAS Coordinador de Medio Rural

  15. NÉSTOR REGO CANDAMIL Coordinación da estratexia Avanza Galiza

  16. JOSÉ EMILÍO VICENTE Coordinador de Análise e Iniciativas Políticas

  17. XOSÉ MANUEL MARCOTE Coordinador de Área de Participación e Transparencia

  18. LUÍS BARÁ Coordinador de Formación.

  19. SUSANA CAMBA Coordinadora de Relacións con Movementos sociais.

03 abr 2017 / 20:41
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito