Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Boiro impartirá dous obradoiros de emprego especializados en hostalería

Serán de operacións básicas de restaurante, cociña e bar, para mozos de 18 a 30 anos

    Boiro. O Concello de Boiro recibiu unha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria para o terceiro obradoiro de emprego de hostalería, no que se impartirán as especialidades de formación en operacións básicas de cociña e de restaurante-bar, para un total de dezaséis alumnos.

    Estará destinado a mozas e mozos de entre 18 e 30 anos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. O obxectivo é mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inserción laboral destas persoas. Para iso, constará dunha parte teórica e outra práctica, coa intención de que os participantes se capaciten profesionalmente á vez que traballan e adquiren experiencia no sector.

    Os interesados teñen que achegarse á oficina de emprego a inscribirse como demandantes para solicitar ser beneficiarios de dito taller, que comezará o día trinta de setembro e terá unha duración de seis meses. O alumnado recibirá unha formación dual (clases e prácticas) nun horario de 07.30 a 15.30 horas.

    Traballarán na realización de menús sociais, almorzos saudables e eventos gastronómicos organizados polo Concello boirense.

    Ademais das prazas para alumnos, a administración local vai abrir tamén a convocatoria para a selección dun director, un mestre para cada unha das dúas especialidades e outro para formación complementaria, así como un auxiliar administrativo.

    Pódese solicitar máis información no departamento de Emprego do consistorio, chamando ó número de teléfono 981 842 609 ou a través do correo electrónico orientacion.laboral@boiro.org.

    26 ago 2019 / 21:40
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito