Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Boiro prevé finalizar as obras do ximnasio o vindeiro mes

José Ramón Romero visitou onte as instalacións deportivas // A superficie do novo espazo duplicará o tamaño do anterior

A empresa adxudicataria das obras de ampliación do ximnasio da piscina municipal de Boiro está a realizar un importante esforzo para reducir os prazos de execución dos traballos. O alcalde, José Ramón Romero, o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, e o arquitecto municipal, Emilio Piña, visitaron onte as instalacións deportivas de A Cachada para coñecer de primeira man en que estado se atopa a intervención e as tarefas que están a acometer neste momento.

Desde o Concello boirense sinalaron que nos últimos días colocouse a estrutura de madeira que conforma o teito do ximnasio, "que está feita de madeira laminada realizada a base de abeto finlandés, e que conta co certificado FSC de proceder de bosques europeos de xestión sostible".

Ademais, apuntan que esta leva "un tratamento específico para a mellora da resistencia ao lume, tamén contra o ataque por insectos xilógafos e a colonización de fungos".

A superficie do novo espazo vai duplicar o tamaño do anterior cun deseño que mestura a funcionalidade e o respecto ao medio ambiente cunha imaxe actual para a práctica deportiva.

Fontes municipais avanzaron que a obra está previsto que estea rematada a finais deste mesmo mes ou a comezos de novembro. O obxectivo é que se poida poñer en funcionamento de novo o servizo da instalación e evitar, na medida do posible, as molestias que se lle ocasionan aos usuarios.

14 oct 2019 / 21:03
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito