Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Campaña de Iniciativa Lexislativa Popular para garantir dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico

Co lema 'Cárgate de sentido común e asina', A Mesa pola Normalización pretende recoller como mínimo 10.000 sinaturas para facer efectivo o "dereito básico a empregarmos o galego sempre”

Sentido común é o que pide a Mesa pola Normalización na súa campaña de Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que presentou este luns aos medios na cafetería compostelá Airas Nunes. Trátase, segundo explicou MarcosMaceira, presidente da asociación, de defender "cuestións de sentido común, de facer efectivo o dereito básico a empregarmos o galego sempre”. O obxectivo égarantir os dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico.

Desde a Mesa inciden en que a ILP naceu con motivo das múltiples queixas que chegan á aplicación A Liña do Galego, "queixas que poñen de manifesto a vulnerabilidade dos dereitos lingüísticos e a nula garantía lexislativa de que se poda exercer ese dereito a vivir no noso idioma". A asociación denuncia a "inexistencia da máis mínima opción no noso idioma por parte de empresas".

A ILP conta con catro artigos: o primeiro sobre o dereito das persoas consumidoras e usuarias a recibiren en galego toda a información, documentación e contratos sobre produtos e servizos, así como a seren entendidas e atendidas no idioma de Galiza polas empresas que lles prestan servizos ou subministran bens no nos país; o segundo dirixido as empresas que prestan servizos ás administracións públicas e ás entidades do sector público autónomo e local de Galiza, para que inclúan o galego na atención ao público; o terceiro artigo refírese á opción de facer unha valoración adicional de todas aquelas entidades que promovan a normalización da lingua e que preguen a contratación de servizos da administracións pública galega; por último, o cuarto artigo diríxese ao Goberno galego, para que desenvolva unha campaña de concienciación cidadá nos medios de comunicación, con especial atención nos de titularidade pública.

A Mesa necesita10.000 sinaturas para que a ILP chegue a debate no Parlamento galego, e para conseguilas promoverá actos por toda a xeografía galega. Contactará con entidades sociais, empresariais, sindicais, culturais para que se sumen aos 125 apoios de persoas relevantes destes ámbitos que mostraron a súa adhesión inicial.

27 mar 2017 / 13:50
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito