Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
arte

Cartografiar feridas

    Na galería trinta abre a nova tempada coa exposición Ojo x Ojo do leonés Daniel Verbis. A mostra, que estará aberta ata o 25 de outubro, presenta unha serie de pezas nas que o autor xoga a transcender os límites da pintura e a traspasar a fronteira entre representación e obxecto.

    A obra de Verbis posúe unha compoñente lúdica importante, o cal non quere dicir que se deixa gobernar pola improvisación, senón máis be no contrario. A finalidade e a consecución dunha idea e o xogo consisten o caracter exploratorio de atopar os camiños que poidan levar a ela.

    Ojo x Ojo fai referencia ós elementos circulares, fundamentalmente botóns, que emprega o artista para tapizar algunhas das súas pezas. Anacos de metais, nácara, plástico, óso ou madeira sucédense ordenada ou caoticamente. De xeito sistemático agrúpaos en coleccións ou semellan cristalizar nas superficies de corazóns feridos, como se tentasen exorcizar algúns demos paranoicos ou selar obsesións xa imposibles de realizar mediante unha labor de sistemática e taxonomía.

    Moitas veces, aquelo que non podemos cambiar ou arranxar tratámolo de entender, e como tampouco resulta posible rematamos describindo, catalogando e ordenando as súas partes nun desesperado intento de seguir loitando dalgún xeito contra a adversidade. As xeografías de corazóns rotos recubertos pola armadura de ollos acaba sendo a materialización dunha poesía, non só pola representación senón tamén pola técnica empregada, que reforza con innumerables repeticións a intensidade do acto descritivo.

    O uso dos botóns semella ter unha certa lóxica na evolución da obra de Verbis, non tanto en relación cos fío se tecidos senón na forma circular como condensación das marañas que antes dominaban as súas peza sen hélice se bucles constantes. En troques de expandir garabatos e tecer curvas máis alá duns límites determinados, é no interior deses límites onde se establecen novas dimensións.

    As circunferencias deses ollos orixinan un tecido de xeito aparentemente caótico o xustaporse como engrenaxes de diferentes dimensións que fan funcionar unha máquina ou células que se organizan para formar un tecido vivo. Semella apropiada esta dualidade entre artefacto e órgano, como se houbese unha certa imprecisión entre o artificial e natural nas representacións que fai o artista. En definitiva, como se esas coirazas de olladas puidesen ser tanto a causa como a consecuencia da xeografía de roturas descrita.

    11 oct 2010 / 00:05
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito