Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Casalderrey: “A LIX galega débelles moito aos profesionais do ensino”

A nova académica da RAG vai falar sobre literatura infantil e xuvenil no seu discurso de ingreso//Traballa na adaptación ao cine da novela ‘Querido Tomás’ de Xosé Neira Vilas

    A escritora Fina Casalderrey considera que a literatura infantil e xuvenil, que centrou a maior parte da súa produción literaria, “sempre tivo menos visibilidade” e, de feito, este xénero estará presente no seu discurso de ingreso na Real Academia Galega (RAG). Así, e ante o seu nomeamento como numeraria da institución da lingua, a autora pontevedresa espera que “axude a borrar as etiquetas de prexuízo” cara a este xénero e logre potencialo, tanto na educación como na cultura.

    “Nin sequera nas escolas de Maxisterio a literatura infantil e xuvenil está integrada oficialmente no programa de créditos académicos, polo que os futuros mestres que se achegan e aprenden, fano pola súa conta”, explicou Fina Casalderrey, natural de Xeve (Pontevedra), nunha entrevista tras o seu nomeamento como académica.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    19 ene 2013 / 20:37
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito