Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O CDG abre a súa tempada en Ourense con Casares

    Ourense O Centro Dramático Galego (CDG) abrirá a súa tempada 2014-15 o vindeiro venres, día 3, no Teatro Principal de Ourense, coa representación dunha obra que reivindica a figura de Carlos Casares "como autor teatral", con As laranxas máis laranxas de todas as laranxas.

    O conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, resaltou que esta obra contribúe "á actualización nas nosas memorias da xenialidade de Casares, galego insigne de talento multifacético", con esta peza teatral, "unha das primeiras obras fantásticas da literatura galega para nenos".

    Así o indicou onte no acto de presentación, no que estivo acompañado do equipo artístico da obra -encabezado polo seu director escénico, José Caldas-; o presidente da Fundación Carlos Casares, Javier Casares; o director do CDG, Manuel Guede, así como a directora do Teatro Principal, Olga Mouteira.

    A produción, dirixida a público familiar, continuará noutras dez cidades galegas, ata as 38 funcións escolares e xerais programadas "ata final de ano".

    Vázquez dedicou unha mención especial ós seis actores e actrices que conforman o elenco -Alba Blanco Taín, Alberte Cabarcos, Davide González Lorenzo, Ailén Kendelman, Fran Lareu y Laura Villaverde-, que foron seleccionados entre 80 aspirantes, como "representantes, e modelo tamén, das novas xeracións de intérpretes que se están abrindo camiño en Galicia", dixo.

    30 sep 2014 / 21:14
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito