Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 24 mayo 2020
20:01
h

Chega a Boqueixón a ruta do colesterol o sábado 15

BOQUEIXÓN Este sábado, día 15, chega a Boqueixón a novena edición da ruta do colesterol. Trátase dunha proba de fondo de 50 quilómetros que transcurrirá na súa maioría por camiños non asfaltados. O punto de encontro será a casa da cultura de Camporrapado e sairase ás 9.00 horas. Durante o percorrido haberá posibilidade de abandonar en calquera dos puntos de avituallamento, permitindo así aos participantes facer recorridos de 10, 18, 25, 32, 38, 44 ou 50 quilómetros. Todos os que decidan facer un traxecto máis curto serán trasladados ao punto de inicio da proba polos vehículos da organización. Ao acabar, sobre as 19.00 horas, haberá como cada ano unha merenda-cea a base de callos e viño. Os que desexen anotarse teñen ata mañá.

12 jun 2019 / 00:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito