Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Colexio de Xornalistas denuncia o trato a un fotógrafo de EL CORREO

Trasladará o seu malestar á Embaixada de Marrocos pola expulsión de Blanco

    Santiago. A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) denuncia, nun comunicado feito público onte, o trato dispensado polas autoridades marroquís ao fotoxornalista de EL CORREO GALLEGO Fernando Blanco no aeroporto de Marrakech.

    Tras indicar na documentación do visado a súa profesión de fotógrafo foi detido, retiráronlle o pasaporte sen explicación algunha e negáronlle o dereito a realizar unha chamada á Embaixada de España, sendo a compañía aérea na que viaxaba a que se fixo cargo da situación.

    A Xunta de Goberno lamenta "que se produzan situacións de indefensión cara a profesionais dos medios de comunicación, que ven cercenados os seus dereitos polo mero feito de pertencer a este colectivo".

    No comunicado, o Colexio de Xornalistas di que vai trasladar á Embaixada de Marrocos o seu malestar polo trato recibido por este fotoxornalista. redacción

    16 dic 2010 / 03:06
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito