Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Comezan en Laxe as obras de construción da senda peonil e ciclista da AC-429

Investiranse 225.000 euros e o prazo de execución previsto é de tres meses

    Laxe. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar esta semana as obras de execución dunha senda peonil e ciclista na estrada AC-429, que conectará a praia de Laxe e o paseo marítimo.

    Os traballos para executar este itinerario mixto na estrada autonómica que une Laxe e Ponteceso están a ser executadas pola empresa Construcciones Ramón Vázquez y Reino SL. As obras contan cun prazo de execución previsto de tres meses.

    A inversión ronda os 225.000 euros, e a actuación implica a construción dun novo itinerario de preto de 800 metros, que unirá á zona deportiva, educativa e de lecer de Cabo da Area e o centro de equipamentos do municipio coa propia vila de Laxe.

    O proxecto contempla a execución de dous treitos. Un itinerario principal, que se inicia no extremo da praia de Laxe e continúa pola marxe dereita da estrada ata a entrada da vila, onde conecta coas beirarrúas existentes. Outro ramal conectará este itinerario principal co paseo marítimo e co carril bici existente, e discorrerá paralelo ao Rego dos Cabalos, por ambos os lados. Ademais reporán os servizos afectados polas obras.

    14 ene 2020 / 20:55
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito