Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O CONCELLO E A FUNDACIÓN “AMIGOS DE GALICIA” POÑEN EN MARCHA UN PROGRAMA DE APOIO, ATENCIÓN E ACOMPAÑAMENTO A PERSOAS MAIORES QUE VIVEN SOAS

O proxecto, que se levará a cabo grazas a un equipo de voluntarios e en coordinación cos Servizos Sociais, contará nunha primeira fase con 20 beneficiarios // Tamén inclúe o financiamento de audífonos a aquelas persoas que carezan de recursos económicos

O alcalde, José María Bello Maneiro, e o director xeral da Fundación “Amigos de Galicia”, Jesús Busto, asinaron esta mañá un acordo de colaboración para a posta en marcha dun programa de primeira atención e seguemento de persoas maiores que viven soas.

Trátase dunha iniciativa que terá como beneficiarios a un colectivo tan vulnerable como son aqueles veciños que se atopan en situación de soidade, carecen de arraigo familiar e non dispoñen de ningún contacto ao que dirixirse nin a ninguén que lles axude cos seus problemas cotiás.

Este programa levarase a cabo en coordinación co departamento de Servizos Sociais do Concello e grazas a un equipo de voluntarios que terán un contacto diario ou semanal cos participantes, en función das necesidades de cada un e sempre baixo as instrucións dos traballadores sociais.

O Concello encargarase de elaborar un censo de persoas maiores de 65 anos que viven soas e realizarase unha primeira selección de vinte beneficiarios que serán os que participen inicialmente no programa. Con eles realizarase unha primeira reunión de coordinación para a posta en marcha do programa, á que asistirán traballadores sociais e tamén unha psicóloga e un avogado de “Amigos de Galicia”. Logo desta primeira toma de contacto, realizaranse entrevistas persoais para avialiar as necesidades de cada usuario.

O obxectivo é ofrecerlles acompañamento, asistencia e asesoramento. Proporcionaránselles contactos de referencia para poder axudarlles a resolver os seus problemas de illamento e favorecer o seu proceso de sociabilización e tamén se lles axudará e ensinará, na medida do posible, a realizar trámites dixitais como a solicitude de citas médicas, trámites bancarios ou coa administración.

Por outra parte, o acordo asinado entre o Concello e a Fundación tamén recolle o financiamento de audífonos a persoas mairoes qu os necesiten a carezan de recursos económicos para pagalos.

26 ene 2020 / 12:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito