Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 05 julio 2020
00:00
h
Pepa A Loba

"Conectar o teu produto coa actualidade faino máis rechamante"

    Un tributo ao produto personalizado made in Galicia. Así podería resumirse a filosofía de Pepa A Loba, unha tenda especializada en bixutaría, cerámica e cestaría situada en Ordes, na rúa do Castro. Trátase, na súa totalidade, de pezas únicas feitas a man, moitas delas con rechamantes mensaxes (a maioría en galego) que reivindican valores tan diversos como o amor propio, a positividade ou a loita feminista. "Creo que o que funcionou é que até agora non había nada igual en Ordes. Todo o que vendemos é artesanal, personalizado e cargado de actualidade, o que axuda a conectar coa xente", explica Claudia Moar Vazquez, dona do comercio. Bolsos, camisetas, accesorios e bolsas de tea serigrafiadas son algúns dos produtos estrela que poden atoparse neste particular universo feminino, gañador este ano dun dos premios Comercio con Talento. Un factor determinante neste logro foi a presenza da marca en redes sociais, en concreto, en Facebook e Instagram. Segundo afirma a súa propietaria, o mundo dixital ten contribuído a achegar o seu produto a novos públicos. De feito, recoñece, moitas clientas achéganse á tenda preguntando exclusivamente por unha peza que viron en internet. Ademais, desde hai tempo Pepa A Loba fai envíos a domicilio.

    22 sep 2019 / 00:00
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito