Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Consello da Cultura Galega retoma o ciclo Pensarmos

Fernando Broncano abre este espazo disertando sobre a soidade e o desarraigo

    Santiago. O Consello da Cultura Galega retoma o ciclo Pensarmos, espazo que convida a reflexionar a actualidade da man de recoñecidas personalidades. Neste inicio de ano, o filósofo Fernando Broncano falará hoxe, as 18.00 horas das eivas da sociedade, da configuración do individuo dentro da sociedade actual que deixa paso a numerosas fracturas como a soidade, o desarraigo, a desvinculación e a violencia.

    A presidenta da institución, Rosario Álvarez, será a encargada de presentar esta cita xunto coa coordinadora do ciclo, Carme Adán. O ciclo Pensarmos cumpre un ano de reflexións mensuais cunha sesión na que se analizará a sociedade como un espazo de posicións (económicas e culturais) que da pé a falar da dimensión espacial do poder pero tamén das dificultades da configuración da sociedade actual, que está chea de barreiras que nos levan aos individuos á soidade, ao desarraigo ou á violencia.

    Sobre estes asuntos falará Fernando Broncano cun relatorio titulado Espazos intermedios e vínculos sociais. Para pensar o cotiá como político. Ao seu carón estará Ángel Pérez, profesor xubilado de Filosofía de Bacharelato e membro do grupo de didáctica da Filosofía Enxergo. Como é habitual neste formato, entre os dous establecerán unha conversa.

    15 ene 2020 / 21:24
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito