Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Correos usará para un selo de curso legal un debuxo do ribeirense Brais Mariño

O alumno do colexio de Frións gañou un concurso inspirándose na estatua do polbeiro

    Ribeira. O CEIP ribeirense de Frións acolle estes días unha exposición de filatelia cedida pola Federación Española de Sociedades Filatélicas e na que colabora Correos. A través desta mostra, os alumnos achéganse á historia do selo mediante paneis explicativos e contan cun monitor especialista na materia.

    Paralelamente, realizan diversas actividades relacionadas ca filatelia, adaptadas ó seu nivel. Entre elas destacan a redacción dunha carta e o seu envío e xogos interactivos. Asimesmo, participaron nun concurso no que deseñaron un selo con motivos de Ribeira. O gañador verá reflictido o seu deseño nun selo de curso legal que se poderá usar para enviar correspondencia. Trátase de Brais Mariño Silva, de 4º de Primaria, que fixo un recreación da estatua do polbeiro do paseo de Castiñeiras.

    06 abr 2018 / 21:24
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito