Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Critican o aluguer dunha parcela en Boiro para un aparcamento público

    O BNG de Boiro critica que o Concello decidira destinar máis de vinte mil euros anuais ao aluguer dunha parcela de titularidade privada sita na rúa Vimieiro para acondicionala e utilizala como aparcamento público, cando xa existe un soterrado e municipal na Praza da Boqueira de Anegral que nunca se puxo en marcha.

    A formación engade que a este gasto hai que sumar a inversión efectuada sobre o terreo e a dotación de sinalización e maquinaria para o control do tempo de estacionamento. Por outra banda, os nacionalistas cuestionan, así mesmo, unha infraestrutura "efectuada sobre unha finca particular que está afectada por un Plan Parcial no último PXOM aprobado polo Partido Popular, que, segundo a normativa vixente, e ao non desenvolverse o mesmo, sería asimilable a unha finca de natureza rústica que impediría a súa urbanización na forma escollida polo goberno local", sinalan ó respecto.

    02 abr 2019 / 22:09
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito