Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O cruceiro de Sobreviñas segue sen lucir na sua ubicación orixinal

PATRIMONIO GALEGO NA UCI. Esnaquizado en 2012, o conxunto da Virxe Negra agarda, xa restaurado, á que se consolide a casa aledaña por seguridade

O 27 de novembro de 2012 unha fatalidade quixo que un coche se saíse da estrada en Sobreviñas (na parroquia noiesa de Santa María de Argalo), no cruce do vial de Boiro coa estrada que pasa polo Confurco, levándose por diante o cruceiro da Virxe Negra, e empotrándose contra a vivenda alí situada. Un ano despois, un burato na parede lembra o accidente e no lugar do cruceiro crece a herba. O singular conxunto acabou en mil anacos, motivo este polo que a páxima web da entidade cultural Patrimonio Galego colgou hai un ano este ben no seu apartado da lista vermella, donde sitúa todos aqueles bens patrimoniais que polas súas condicións e/ou estado se atopan en perigro de "desaparción, alteración ou destrucción".

Os restos do cruceiro, de propiedade privada, foron almacenados no seu día nas dependencias municipais do Concello de Noia, agardando a que o seguro privado do vehículo que se saíu da estrada fixese o seu peritaxe e correse cos gastos da restauración. En abril pasado, dende o Concello anunciabase non só que a Dirección Xeral de Patrimonio autorizaba o proyecto de restauración, cifrado en preto de 8.000 euros, senon que estaban a espera de que a compañía aseguradora aceptase o presuposto e se fixese cargo do mesmo.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

02 nov 2013 / 19:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito