Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
toda unha tradición

O derradeiro xastre do Entroido da Ulla amosará o seu bo fiado

Luis Montáns impartirá o único taller de confección de traxes de xenerais na Estrada // O obxectivo: manter viva unha arte

    Coa súa xubilación, a comarca da Ulla perde non só un artista senón tamén toda unha tradición. O xastre de Santeles (A Estrada), Luis Montáns, adicou máis de catro décadas a confeccionar traxes de xenerais e correos do Entroido da Ulla en 40 parroquias dos nove concellos que atesoran esta expresión cultural. No seu maxín tecía (e segue tecendo) enredos de abalorios, croquis de modelos de filigranas que logo plasmaba na brillante e lucida vestimenta dos encargados de dar os atranques.

    Sabe ben do oficio. As súas mans bailan lixeiras ao compás da agulla e o fío. "Hai que vivilo... e ten que gostar porque facer un traxe de xeneral é algo laborioso. Son moitas horas, moitas puntadas...", recalca, engandindo que "para min elaborar estas vestimentas era un complemento. Eu era ante todo, xastre". Ao longo da súa carreira profesional a súas mans deron vida a más dun cento de estes traxes, algúns máis modestos, outros máis floridos... "depende de canto se queira invertir nel", asegura, apuntando que a media ronda os 1.500 €, aínda que ten feito traxes de ata 6.000 euros. O máis difícil, sen dúbida, o sombreiro, que leva entre 5.000 e 7.000 pezas, e entre 50 e 200 plumas de avestruz e pavo real.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    23 ene 2014 / 21:08
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito