Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Día da Ciencia en Galego recoñece a Cruz Gallastegui

Introdutor da xenética vexetal, dirixiu a Misión Biolóxica de Galicia, da que naceu o primeiro millo híbrido de Europa

A sétima edición do Día da Ciencia en Galego, centrado este ano na Bioloxía, recoñece a Cruz Ángel Gallástegui Unamuno tanto pola súa faceta de investigador no campo da xenética vexetal coma polo seu “profundo” compromiso cos problemas da comunidade na súa época. Do ámbito internacional destaca a Gregor Mendel, o pai da xenética e autor das leis que levan o seu nome.
O acto tivo lugar no Pazo do Hórreo, que alberga o Parlamento de Galicia e que antes foi a sede dun cuartel militar e da escola de veterinaria. Durante a etapa na que o edificio se dedicou a fins educativos, parte do seu terreo utilizouse para a Misión Biolóxica de Galicia que lideraba o propio Cruz Gallastegui, informa Europa Press.
“Aquí naceu o primeiro millo híbrido de Europa”, resaltou o vicepresidente da Cámara, Diego Calvo.
O labor deste vasco nacido en Vergara en 1891 e que morreu en Pontevedra en 1960 foi glosado no acto pola secretaria de Igaciencia, Inés Ben, e o científico e estudoso Francisco Díaz-Fierros. Foi este último quen puxo en valor non só o tamaño das mazorcas logradas por Gallastegui, senón tamén o seu contacto cos agricultores, cos que colaboraba e aos que ensinaba técnicas de cultivo.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

04 nov 2016 / 21:48
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito