Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Diego Martín, estrela de hoxe entre os convidados de ‘Bamboleo’ na TVG

Bea González e José Manuel Ordóñez, tamén son parte dos seus protagonistas

    Santiago. O espectáculo e o entretemento familiar chegan, un sábado máis, ao programa Bamboleo (Televisión de Galicia), que hoxe contará coa presenza do cantautor e actor murciano Diego Martín, que, tras dous anos de parada musical, volve cun novo proxecto, o sinxelo Te extraño, un coidado traballo fiel ao seu estilo e coa súa esencia musical intacta.

    Ademais, os espectadores da TVG gozarán coa proposta da cantante sevillana Damaris Abad, coñecida artisticamente como Dama, que regresa á música coa bachata Amor de verdad, un xénero que a apaixona.
    Como é habitual, o espazo presentado por Xosé Manuel Piñeiro seguirá ofrecendo as actuacións das mellores orquestras do momento, coa visita esta noite da formación Olympus. No escenario tamén estarán dous aspirantes que competirán coas súas voces e interpretando dúas cancións de dous artistas coñecidos na proba do Agora ou Nunca.

    Nesta ocasión enfrontaranse Bea González, cantando Capote de grana y oro, de Juanita Reina, e José Manuel Ordóñez, que interpretará Caballo viejo, de Roberto Torres.

    NOVA ENTREGA DE ‘A ITV DO AMOR’ Ademais, coma sempre, o’ ofrecerá as seccións A ITV do amor, onde un concursante terá que adiviñar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas; A Jrileira, con Leti e Inés competindo no karaoke coa canción Picky, de Joey Montana, e Dirtidansi, onde Pedro e Noelia bailarán unha bachata.

    14 feb 2020 / 21:01
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito