Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

'Divulgando ciencia singular' vai comezar o vindeiro día 6

Ten por obxectivo que a cidadanía poida descubrir o traballo de ata tres centros de investigación da Universidade de Vigo

O vindeiro sábado día 6 chega o programa Divulgando ciencia singular, unha idea que ten por obxectivo de que a cidadanía poida descubrir o traballo de centos de investigadoras e investigadores que desenvolven a súa actividade no Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación (atlanTTic), no Centro de Investigación Mariña (CIM) e no Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio), entidades da Universidade de Vigo.

Dese xseito, atlanTTic, CIM e Cinbio, desenvolverán ao longo dos meses de outubro e novembro un programa de actividades que permitirán ás e os participantes descubrir "a investigación que se fai na Universidade e que o coñecemento que obtemos é útil para o benestar da sociedade", explicou Belén Rubio, vicerreitora de Investigación onte na presentación das xornadas de divulgación científica e tecnolóxica.

De balde e previa inscrición, calquera persoa, tanto adultos como nenas e nenos, poderán participar neste programa de actividades que está financiado pola Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia a través do Programa de Axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación singulares e agrupacións estratéxicas consolidadas do Sistema Universitario de Galicia cofinanciada polo FEDER, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

28 sep 2018 / 22:47
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito