Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
episodios nacionais

Dous ao caldeiro

    Secundino fala galego dende antes de aprender a falar. Ten un acento tan enxebre e bonito, que ata cando berra ou cando ronca, berra e ronca en galego. Faino porque non sabe expresarse ben noutra lingua, non por que lle pete, e cando tenta non facelo non pode evitar soltar un "caralludo", sexa no medio dunha conversa en castelán ou en ruso. Ten todas as boas cousas que debería ter un galego falante: pronuncia as palabras por riba como se non se lle fora a entender nada, pero todo o mundo comprende todo. Canta, que iso é tamén básico. E sobre todo, inventa expresións (nas que mestura palabras rematadas en -iño e en -eiro, todo salpicado cun volume de voz suficientemente alto como para que escoite o veciño de arriba). Ten unha graza da que só uns poucos poden presumir.

    A sobriña de Secundino foi hai unha semana á súa casa velo polo seu aniversario. Alí contoulle que nas clases de matemáticas estaban tentando ensinarlle como se multiplican números por si mesmos e como se expresa iso sobre o papel de marxe vermella que lle mandaron mercar ao principio do curso. ¿E como se escribe, logo?, preguntou el. ¡Dous ao caldeiro!, dixo entusiasmada. Todos rían da ocorrencia. Menos Secundino que nin reaccionou.

     

    27 may 2009 / 23:03
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito