Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 12 julio 2020
01:55
h

A Economía social peta na porta da USC e responden investigadores e alumnos

FORO A Facultade de CC Económicas e Empresariais da USC acolleu onte o I Encontro Universidade-Economía Social coa asistencia de investigadores, alumnado, representantes da administración autonómica e entidades representativas do sector. Arrancou coa intervención do catedrático Manuel Botana, presidente científico do Centro de Estudios Cooperativos (Cecoop), quen destacou que o obxectivo da cita era identificar as necesidades que a economía social poda demandar da Universidade. Abordouse como esta pode respostar a esas expectativas, coa presentación de liñas de investigación e ferramentas docentes que favorecen a introdución da economía social na capacitación do alumnado. As entidades representativas demandaron que esa realidade económica sexa incluída no currículo formativo dos universitarios. Finalmente, púxose en valor esta cooperación co fin de favorecer a visibilización deste sector vertebrador trascendente para a sustentabilidade do país. A xornada rematou coa intervención da secretaria xxeral de Emprego, Covadonga Toca, que parabenizou a creación deste novo espazo para o encontro e diálogo social.

09 nov 2018 / 00:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito