Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

ECOS, fotoxornalismo a prol da inclusión e da visibilidade

Unha viaxe da man da etnia uigur de China, as mulleres de India e os nenos e nenas de Etiopía

A fotoxornalista madrileña Eva Garrido propón na exposición ‘Ecos’ unha viaxe da man da etnia uigur de China, as mulleres de India e os nenos e nenas de Etiopía “para non esquecer realidades que quedan polo camiño cando estes países alcanzan o protagonismo das conversas en Occidente”.

Con esta mostra, que se pode visitar ata o 30 de xuño, o proxecto campUSCulturae pretende chamar a atención sobre os pobos esquecidos e contribuír á súa inclusión e visibilidade. A sida, aulas de ensino, rostros de mulleres, mercados, rúas con vida... imaxes todas elas que converten o Claustro do Colexio de Fonseca “no corazón do mundo”, como dixo Xosé Antonio Neira no acto de inauguración.

Instantáneas de realidades descoñecidas coas que a autora quere apelar á concienciación non só das persoas senón tamén dos medios de comunicación, “que son instrumentos útiles para mostrar que outros mundos existen e que só dende a diversidade nos podemos entender”, manifestou a xornalista.

30 abr 2015 / 14:05
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito