Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
elos de lectura

Edicións Xerais reedita os relatos de Sherlock Holmes

O emblemático detective británico protagoniza algunhas das aventuras de intriga e misterio máis recoñecidas da literatura

    Se alguén nos preguntase polo detective máis recoñecido do mundo, cuxos casos de intriga e misterio son coñecidos por milleiros de lectores, ninguén dubidaría en responder que estamos a falar de Sherlock Holmes. A popularidade e o éxito recoñecido das aventuras do detective británico, por xeracións e xeracións de lectores de todas as idades, levaron probablemente a Edicións Xerais de Galicia a reeditar o volume titulado Sherlock Holmes, detective (col. "Xabaril", 2013).

    Foi no ano 1983, cando Edicións Xerais de Galicia decidiu crear a colección "Xabarín" coa intención de achegar os grandes clásicos da literatura infantil e xuvenil universal aos mozos lectores en lingua galega. Unha boa mostra foron as obras A pantasma de Canterville, de Óscar Wilde ou A chamada da selva, de Jack London, que forneceron o imaxinario literario de numerosos mozos galegos a través deste proxecto editorial.

    A este conxunto de obras clásicas que saíron ao prelo da man da editorial na devandita colección, incorporáronse no ano 1985 algúns dos relatos máis emblemáticos do detective creado polo escritor británico Sir Arthur Conan Doyle (Edimburgo, 1859-Crowborough, 1930) que se recompilaron baixo o título Sherlock Homes, detective.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    14 ene 2014 / 19:39
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito