Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O edificio de infantil do colexio de Baño contará con novo sistema de calefacción

Os radiadores eléctricos serán substituídos por unha instalación de gasoil para unha maior eficiencia enerxética // A actuación terá un custo de 23.276’71 euros e será financiada pola Consellería de Educación

    A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional executará obras de substitución do sistema de calefacción no edificio de Educación Infantil do CEIP Plurilingüe Baño-Xanza.

    Os radiadores eléctricos que aínda funcionan nesta zona do colexio serán retirados e substituídos por unha nova instalación a gasoil, igual á que xa existe no resto do recinto educativo. O obxectivo é acadar unha maior eficiencia enerxética e aforrar no consumo de electricidade.

    A actuación terá un custo de 23.276’71 euros e será financiada pola Consellería de Educación. Foi adxudicada á empresa solinor Intalaciones, que conta con dous meses de prazo de execución.

    Estas obras foron solicitadas e xestionadas ante a Xunta de Galicia polo goberno municipal en beneficio da comunidade educativa do colexio de Baño e, especialmente, do alumnado. Ademais, tamén se executarán proximamente traballos de mellora da seguridade no centro, concretamente a substitución de todo o valado perimetral e o fresado do patio cuberto para evitar esvaróns, cun investimento de 21.755 euros por parte da Consellería.

    17 oct 2019 / 01:10
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito