Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
literatura INFANTIL

A Editorial Galaxia publica 'Olga e o dinosauro', de Breogán Riveiro

Breogán Riveiro, 'Olga e o dinosauro', ilustracións de Andrés Meixide, Galaxia, 2009, 92 páxs. 9.70 €

O relato extenso Olga e o dinosauro, de Breogán Riveiro, publicada na colección Árbore (10 anos) de Galaxia, elabora un texto co que gozaremos cos nosos fillos máis pequechos á vez que aprenden unha chea de cuestións relacionadas co seu proceso de formación en xeral e con Galicia en particular. A importancia das matemáticas e os números, a relevancia das normas de boa educación e cortesía, o papel fundamental da escola, a historia do universo, da formación do Sistema Solar e a Terra, a Lei da gravidade, a historia da evolución, a importancia da boa alimentación, a iconografía da Catedral de Santiago, do Pórtico da Gloria, da figura de Mestre Mateo e a simboloxía dos croques, a importancia da obediencia aos pais, ou o papel inconsciente que xogan os maiores fronte aos máis pequenos, son só algúns dos fíos condutores que guían o texto. Unha narración en terceira persoa, absolutamente invadida polos marabillosos diálogos entre un dinosauro perdido nun universo alleo e esa pequena Olga ansiosa de coñecemento, vese máis enriquecida si cabe grazas ás fabulosas ilustracións achegadas por un inspiradísimo Andrés Meixide. Estamos pois ante un texto absolutamente recomendable para gozar e viaxar cos nosos fillos da man dun escritor, Breogán Riveiro, que tamén é o autor de Tonecho de Rebordechao (gañador en 2004 do Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil), publicado así mesmo en Galaxia, e cuxas obras literarias deixan sempre entrever a súa mestría na súa outra profesión como realizador e guionista. Unha mostra máis do compromiso decidido da Editorial Galaxia cos máis cativos. / José Manuel Estévez-Saá

 

24 ene 2010 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito