Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A empresa dos comedores escolares activou a alarma en canto detectou o fallo

Lamenta as reaccións alérxicas que sufriron os usuarios e traballa para dar coa orixe

    Santiago. A empresa encargada do servizo de comedor escolar nos centros onde algúns usuarios sufriron reaccións alérxicas quere lamentar estes episodios. Aclara que comezou a prestar o servizo ao colectivo de crianzas de 0 a 3 anos na Rede de Escolas Infantís de Galicia o 9 de febreiro do ano 2009 e na actualidade atende a 99 escolas e unha media de 3.800 nenos.

    Así, asegura que en todo este tempo non ten rexistrado ningún episodio relativo a alertas alimentarias nin incidencias salientábeis no desenvolvemento da súa actividade; ao tempo que incide en que a materia prima que utiliza é sempre fresca, produto fresco.

    Explica que o nivel de afectación dos episodios de reacción alérxica vividos nas xornadas do 18 e 21 de outubro do 2019 e do pasado martes día 5 de novembro, de carácter leve, con afectacións cutáneas momentáneas, representou, en termos cuantitativos, un valor certamente pequeno en relación co volume diario dos menús servidos na totalidade das escolas infantís da rede pública.

    Ademais, subliña que a aplicación inmediata do seu protocolo de alerta alimentaria e a súa correcta coordinación permitiu que en menos de 25 minutos se paralizase nas 99 escolas infantís nas que a empresa

    cociña a diario, o menú en curso e que este fora substituído por un menú de emerxencia, o que evitou unha maior propagación da reacción alérxica.

    Tamén indica que desde o primeiro momento é a primeira interesada, por obvias razóns sociais e profesionais, na detección da orixe deste problema, ao tempo que puxo ao servizo das autoridades sanitarias e do órgano de contratación do servizo, todos os recursos cos que conta, en aras do rápido esclarecemento das causas que teñen provocado os intolerábeis episodios de reacción alérxica.

    Por outro lado, a compañía ten adoptado, de forma inmediata, todas e cada unha das indicacións que lle foron requeridas tanto polas autoridades sanitarias como polo órgano de contratación do servizo, sendo algunhas delas de dominio público. Mantén un nivel de coordinación absoluto con ambos organismos en cada unha das accións e pasos que se dan, informando previamente de cada medida e valora moi positivamente as medidas e directrices que desde estas entidades están sendo emitidas, tendo constancia da intensidade e altísimo volume de traballo que a diario se está a coordinar.

    A firma tamén ten emprendido de forma activa liñas de investigación propias tendentes a aportar luz sobre as causas que provocaron os feitos descritos. Neste senso ten contratado gabinetes especializados nos ámbitos da seguridade alimentaria, (laboratorio, consultas epidemiolóxicas e dermatolóxicas), e investigacións internas a través do departamento de calidade, liñas que seguen o seu curso.

    08 nov 2019 / 22:46
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito