Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Escola Municipal de Idiomas ten aberto o prazo para matricula para o curso 2019/2020

Poden inscribirse estudantes de Primaria, Secundaria e Bacharelato e tamén persoas adultas // A reserva poden facerse por correo electrónico ou no Auditorio Municipal

    A Escola Municipal de Idiomas ten aberto o prazo para matricularse nas clases de inglés, francés e alemán que se impartirán durante o curso 2019/2020 no Auditorio Municipal, tanto para adultos como para nenos e mozos.

    As cotas establecidas para adultos son de 39 euros ao mes para persoas empadroadas en Valga e de 44 para as que non están empadroadas. No tocante aos estudantes de Primaria, Secundaria e Bacharelato, os prezos son de 35 euros ao mes para os empadroados no municipio e de 38 para os veciños doutras localidades.

    Os interesados poden facer a súa reserva a través do correo electrónico, na dirección cdiwaterford@hotmail.com, ou entregando a folla de solicitude no Auditorio. Tamén teñen á súa disposición os teléfonos 986 85 12 25 e 698 13 35 12 para aclarar calquera dúbida.

    As clases da Escola Municipal de Idiomas están ao cargo do Centro Waterford, que conta con profesorado especializado e, ademais, é centro examinador oficial de Trinity College London e centro preparador de Cambridge University. Deste xeito, o alumnado pode preparar as probas para obter os certificados Pet (B1), First (B2), Advanced (C1) e Proficiency (C2) de Cambridge. No tocante aos estudantes máis novos, poden prepararse para a obtención dos certificados expedidos por Trinity College que avalían as competencias orais e cubren todos os niveis do Marco Europeo de Referencia (A1, A2, B1, B2, C1 e C2).

    No caso do francés, os matriculados na Escola Municipal poden preparse para lograr os certificados expedidos pola Alianza Francesa e, no do alemán, polo Instituto Goethe.

    11 sep 2019 / 19:38
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito