Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Escolares de Oroso estrean os planos do Camiño Inglés

Alumnos de 5º e 6º de Primaria dos CEIP de Sigüeiro recibiron exemplares // Impulsan Concello, biblioteca municipal e pazos

Trátase de achegar aos máis novos de Oroso ó Camiño Inglés, unha ruta histórica que, desde A Coruña e Ferrol, conduce aos peregrinos ata a capital galega pola comarca ordense. E por iniciativa do departamento de Cultura e da biblioteca municipal de Oroso, vense de agasallar ao alumnado cun plano no que veñen esquematizados os principais fitos artísticos e localidades do itinerario.

Segundo Manuel Pazos, presidente de Obradoiro da Historia e autor do deseño, repartíronse estes planos "concretamente nas clases de 5º e 6º de primaria dos dous colexios de Sigüeiro". O mapa ilustrado ven en tamaño A3, está dedicado "e destinado aos escolares para que coñezan o Camiño e o patrimonio que hai á súa beira... A Fonte da Santiña, os castros... de Vilalbarro e Vilares, o reloxo de sol da antiga rectoral de Deixebre, a vila de Sigüeiro, a Ponte sobre o Tambre", cita o coñecido historiador orosán, sen esquencer que boa parte do éxito da iniciativa veu grazas as ilustracións de Xan Ferreiro.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

12 jun 2018 / 20:52
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito